Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, entrevistas...todo isto e moito máis cada tarde no programa Ensaiar é de Cobardes. Visítannos Celia Astorga e María Troitiño (gaiteiras de Retrouso e Invernía) xunto con Xabier Camba (Presidente da Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande), para falarnos da inauguración do novo curso das clases de música e baile en Ouzande.