Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, entrevistas...todo isto e moito máis cada tarde no programa Ensaiar é de Cobardes. Nova colaboración de Ocionautas, na súa sección, Os Xoves dos Xoves, falamos das actividades para o Nadal dos rapaces e rapazas do colectivo xuvenil A Estación, e tamén coñecemos o que teñen preparado para o Nadal os moz@s do colectivo Arousa Moza de Vilagarcía, conversamos con Borja, un dos seus compoñentes.