Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, entrevistas...todo isto e moito máis cada tarde no programa Ensaiar é de Cobardes. Novas recomendacións literarias de Tania (tenda ARIGATÓ). Falamos con Xavi Camba da nova ruta de outono, organizada pola Asociación A Fervenza. Coñecemos a carteleira de MiniCinesCentral da Estrada. Conversamos con Teo Cardalda, horas antes da súa actuación no Teatro Principal da Estrada.