Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, conversas, falamos de lingua e de cine, escoitamos músicas e grupos inolvidables, coñecemos propostas das persoas máis novas...todo isto e moito máis, cada tarde, no programa Ensaiar é de Covardes. Barri, na súa colaboración semanal, achéganos cancións en directo de Van Morrison, con motivo do seu recente concerto na Coruña.