Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, conversas, falamos de lingua e de cine, escoitamos músicas e grupos inolvidables, coñecemos propostas das persoas máis novas...todo isto e moito máis, cada tarde, no programa Ensaiar é de Covardes. No "Recuncho da Lingua", espazo realizado pola mestra de Lingua, Pilar Bernárdez, participan, Santiago Mella García e Manuel Ferreiro Moure, director e músico, da Banda Municipal da Estrada.