Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, conversas, falamos de lingua e de cine, escoitamos músicas e grupos inolvidables, coñecemos propostas das persoas máis novas, desfrutamos de recomendacións lectoras, ...todo isto e moito máis, cada tarde, no programa Ensaiar é de Covardes. No espazo de Ocionautas, "Os Xoves dos Xoves", coñecemos detalles da nova edición de "Atacamos polo Nadal", propostas de xogos, visitas ó Centro de Día, agasallos sorpresa..., celebración da festa de Fin de Ano no Centro Xuvenil "A Estación". Participan Roi e Miraku, fálannos da última xuntanza de xogadores de Jugger.