Celébrase a primeira edición do Festival Músicas no Camiño, Festival de Acordeóns, organizado pola formación, Os Lóstregos, a través da Asociación Cultural de Acordeonistas da Estrada. Visitan os estudos de Radio Estrada, o director e membros de Os Lóstregos (Gonzalo, Javier, Mª Carmen e José Antonio), acompañados de Marietta, que tamén participará no Festival. Falamos cos Mestres da Asociación Cultural Amigos do Acordeón Rías Baixas e a Escola de Acordeóns de Campelo e ca Mestra do Grupo de Acordeóns Terras do Miño que actuarán no encontro. Disfrutamos ca interpretación, en directo, de tres pezas de Os Lóstregos.