Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, conversas, falamos de lingua e de cine, escoitamos músicas e grupos inolvidables, coñecemos propostas das persoas máis novas, desfrutamos de recomendacións lectoras, ...todo isto e moito máis, cada tarde, no programa, Ensaiar é de Covardes. No espazo de Ocionautas, "Os Xoves dos Xoves", participan Aligator e Resu do colectivo de Padrón, "O Son do Sar", Resu foi seleccionado para a Batalla Red Bull de freestyle do vindeiro 18 de xullo. Conversamos co artista de Rarís, Adrián Blanco, cóntanos detalles da súa historia musical.