Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, conversas, falamos de lingua e de cine, escoitamos músicas e grupos inolvidables, coñecemos propostas das persoas máis novas, facemos turismo,...todo isto e moito máis, cada tarde, no programa Ensaiar é de Covardes. Visítanos Pablo Jásper, de Loita Amada, banda que está a presentar o seu segundo disco, "Rematou o simulacro". Pedro coméntanos o final do Panic e fálanos de dúas películas: "Saltburn" e "Fallen Leaves". Selección de Barri: Jon & Vangelis, The Communards, Aphrodite´s Child e Amy Winehouse.