Rock and Roll, metal, jazz, blues, soul..., músicas da nosa terra e do resto do mundo, grupos locais, datas de concertos, conversas, falamos de lingua e de cine, escoitamos músicas e grupos inolvidables, coñecemos propostas das persoas máis novas...todo isto e moito máis, cada tarde, no programa Ensaiar é de Covardes. Novo capítulo de "O Recuncho da Lingua", espazo realizado pola mestra de Lingua, Pilar Bernárdez, esta tarde adicado á "Tradición musical no Val do Ulla a partir das crónicas de prensa".