O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valorou esta mañá a presentación de "Tui, Catedral de Historias" que onte tivo lugar en FITUR cunha gran acollida. Referiuse tamén as próxima citas que terán en Madrid tanto hoxe coa inauguración da exposición sobre os Sambenitos da Catedral, coma mañá, e aos encontros que teñen previstos.