Amada Traba é licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía e docente de Socioloxía da Educación na Universidade de Vigo, ademais de profesora no Posgrao de Xénero desta universidade. Conta con máis de trinta anos de traxectoria na investigación, formación e divulgación en Socioloxía do Xénero, con especial dedicación ao deseño e avaliación de políticas de igualdade. É autora de diversos artigos e publicacións sobre igualdade e representación das mulleres.
Pepe Cabido é licenciado en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela e profesor de Filosofía no ensino secundario. Está especializado no estudo das novas masculinidades non hexemónicas e desenvolve unha ampla actividade educativa impartindo obradoiros de igualdade dirixidos a adolescentes, especialmente a rapaces entre 14 e 16 anos.