Ángel Carracedo é catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela e unha das figuras máis destacadas da xenética a nivel internacional. Dirixe a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, referencia no diagnóstico xenético do sistema público de saúde, e lidera múltiples proxectos de investigación en xenómica médica, farmacoxenómica e medicina personalizada. Autor de centos de publicacións científicas e membro de organismos e academias de prestixio, combina a investigación de vangarda cunha intensa actividade docente e divulgativa, recoñecida con numerosos premios nacionais e internacionais.