DENUNCIA NO PROGRAMA "CAZA E NATUREZA" QUE A SÚA CADELA MORREU AFOGADA POR FALTA DE AXUDA DO 112 GALICIA
Paco Couselo entrevistou para o programa CAZA E NATUREZA de RADIO NOVA a Diego Conde Pazos, propietario de "Linda", unha cadela grifona de 6 anos que morreu afogada tras cair nun pozo aberto a ras de chan e sen protección sin que o seu dono conseguira axuda desde o 112 Galicia para o seu rescate.
Durante a conversa tamén participou Javier Vergés Mir, xerente de Mutua-Sport , para ofrecer a súa visión sobre o caso e dar indicacións aos cazadores e público en xeral ante unha situación tan dramática como a vivida por Diego Conde e a súa cadela, cun final terrible.
ESCOITA AQUÍ O PROGRAMA: