Enrique Vaqueiro, voceiro do PSdeG-PSOE na Corporación Municipal da Lama, comentou a súa proposta, asumida polo alcalde Jorge Canda, de presentar conxuntamente co Partido Popular no próximo Pleno unha moción para solicitar á Xunta unha protección especial das árbores centenarias que dan entrada ao pobo de Gaxate e que están ameazados pola nova normativa contraincendios que obriga a cortar árbores a menos de 10 metros das estradas. Para evitar que o futuro destes plataneiros estean en vilo, Vaqueiro propón ao PP esa moción para unha maior protección destas árbores que forman do acervo identitario de Gaxate.