Entrevistamos Roberto Louzán Alonso, propietario dunha explotación gandeira de Viascón que foi atacada por unha manda de lobos que actúa pola zona de Corredoira, Caroi e Viascón e que xa lle leva matado unha trintena de reses no que vai de ano. Louzán quéixase de que a Xunta tarda máis de dous nos en pagarlle as reses mortas polo lobos e a un prezo moi inferior ao de mercado, mentras que el ten que repoñer o gando no prazo dun mes se non quere perder unha subvención que percibe.