A Asociación Cultural Río Barbeira, que preside Daniel Vidal, e o Concello da Lama impulsan a recreación teatralizada dunha noite no muíño que terá lugar o vindeiro domingo día 29 de xullo a partir das 22:30 horas no muíño da Veiga, no entorno da praia fluvial do río Verdugo na Lama. Esta actividade de reivindicación da etnografía e da cultura popular no mundo rural será levada adiante por un elenco de artistas e músicos composto por Se Rial, Martiño Malleiro, Gabi Reboredo e Iván Gulín.
Para coñecer mellor esta actividade falamos esta mañá coa actriz Se Rial quen animou aos nosos oíntes a achegarse ata o Muiño da Veiga para pasar unha auténtica NOITE NO MUÍÑO cunha recreación fiel das muiñadas que se celebraban a principios e mediados do século pasado.