Xosé Luís Suárez Canal (Allariz, 1946) é filólogo, docente e figura clave da fotografía galega. Cofundou con Manuel Sendón o Centro de Estudos Fotográficos de Vigo e impulsou proxectos como a Fotobienal de Vigo, Vigovisións e a Sala dos Peiraos, ademais de comisariar numerosas exposicións e recuperar a obra de fotógrafos históricos galegos mediante publicacións e mostras. Como autor, publicou varios libros propios e desenvolveu unha ampla traxectoria expositiva, con presenza en Galicia, España e diversos países europeos.