Francisco Couselo falou no seu programa CAZA E NATUREZA, en RADIO NOVA, da xuntanza do Comité Galego de Caza celebrado recentemente en Lugo con Antón Arrojo, director da revista Galicia Cinexética, e co profesor Luis Eusebio Fidalgo, colaboradores ámbolos dous deste programa. Analizaron o alí tratado e tamén da ausencia de ningún representante ecoloxista ou animalista, pese a ser convidados a da-la súa opinión ao respecto.