Milagros Domínguez, Mary López e Elvira Crespo entrevistan no programa inaugural de EN FEMININO en RADIO NOVA a unha muller vítima da violencia de xénero que nos comenta a súa experiencia e sufrimento e expresa as súas opinións para mellorar non só a situación das mulleres agredidas senón que tamén arroxa luz sobre un futuro esperanzador. É unha historia humana e de superación valente que fala da necesidade de erguer a voz, rachar co calvario e denunciar sen medo.