No Día Internacional de loita contra a SIDA entrevistamos ao doctor Manuel Carrera, de Ponte Caldelas, quen nos falou desta enfermidade que lonxe de curarse cronifícase naquelas persoas que a padecen aínda que a eficacia dos retrovirais permiten que o afectado poda ter unha vida normal. Carrera alertou sobre a necesidade de tomar medidas de prevención durante as relacións sexuais e avogou polo emprego de material de único uso á hora de colocarse un piercing ou facerse unha tatuaxe.