Inés Sánchez, compoñente do grupo de pandereteiras "As Maianas" foi entrevistada por Ángel Rodríguez Lale no programa que coordina e presenta en RADIO NOVA adicado ao mundo da música folck que baixo o título xenérico de REBOADA DE SON emítese tódolos mércores de 12 a 13 horas. Falaron dos dous discos do grupo e de distintas experiencias persoais que marcaron a sensibilidade coa que están recopilados os temas da súa discografía. Tamén comentaron os vencellos entre As Maianas e a bisbarra e a súa participación en festivais na contorna.