Entrevistamos a Bea Estévez, xerente de AUREA COMUNICACIONS, e a Iván Capón, un dos membros dos míticos Páramo Pictures que versionan temas de actualidade cun humor e unha retranca que pon en valor o mundo rural galego. Durante a entrevista foron desvelando como se puxeron dacordo para que os Páramo Pictures fixeran unha parodia musical que sirve ao mesmo tempo para promociona-la instalación de fibra óptica de AUREA no rural de Ponte Caldelas.