A raíz da celebración do XXX Campionato Galego de Caza Menor, Francisco Couselo entrevistou a Jesús Pérez Caramés, presidente do TECOR de Silleda, anfitrión desta competición. Esta conversa forma parte do programa CAZA E NATUREZA que se emitirá tódolos luns a partir das 20 horas e volverá a repoñerse en antena os sábados e domingos seguintes ás oito da mañá. Abordará temas relacionados co mundo da actividade cinexética, o coidado do medio ambiente, a normativa, consellos, veterinaria, etc.