Entrevistamos e felicitamos a Ángeles Míguez Acevedo, máis coñecida como Lita, a propietaria da Cervexaría Alameda, en Ponte Caldelas, que resultou gañadora do certame gastronómico Caldelas Tapas Quentes celebrado o pasado mes de decembro e no que participaron 13 establecementos hosteleiros do municipio. Cervexaría Alameda competía coa tapa "Vieira do Alameda", unha preparación especial feita na cociña do establecemento por Lita.