Alberto Rodríguez analiza o derbi do Torneo Festas das Dores que disputarán o Pontecaldelas e A Lama este domingo a partir das 19 horas. Tamén desgranaron o funcionamento interno da Escola de Fútbol con casi 150 mozos e mozas que teñen un lugar estruturado onde practicar o deporte do fútbol con equipos en categoría bebé, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e senior ademais do recén creado equipo feminino.