Radio Eume - As Pontes

Entrevista - Valentín González Formoso - 02-05-2025


Listen Later

Entrevista realizada ao alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, o venres 2 de maio de 2025

Nesta entrevista comentamos co alcalde diversos temas de actualidade referentes ao Concello das Pontes e a súa área de influencia; como as obras de mellora de diversos vieiros da vila. Un total de 5 millóns de euros entre obras xa adxudicadas e outras pendentes de adxudicación que, en palabras do propio alcalde, mellorarán a funcionalidade e estética da vila, ademáis de reverter positivamente na economía circular das Pontes.

Tamén aproveitamos para falar sobor da campaña de recollida de sinaturas para esixirlle á Xunta de Galicia a implantación dun servizo de raios X e a mellora do servizo de pediatría no centro de saúde das Pontes. Actualmente, grazas á colaboración de diversas entidades veciñais, xa levan recollidas preto de catro mil sinaturas.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Radio Eume - As PontesBy RTV Eume