Entrevista realizada nos estudos de Radio Eume ao alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, o mércores 5 de febreiro de 2025
Nesta entrevista comentamos co alcalde diversos temas de actualidade referentes ao Concello das Pontes e a súa área de influencia, como a visita dos técnicos da Deputación da Coruña ás instalacións do antigo colexio Pardo Bazán, as positivas cifras de desemprego do Concello, o crecente sector industrial da metalurxia, as novas axudas do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, o novo proxecto de recuperación do Camiño do Bispo e o novo parque do Toxo Verde, o Plan de Obra e Servizos municipal que se aprobará en pleno extraordinario, e a reclamación por parte do Concello das Pontes á Xunta de Galicia do servizo de Raios X e a mellora do servizo de pediatría no centro médico das Pontes