Habitando

Ep.13: Proxecto Terra e Ludantia con Xosé Manuel Rosales


Listen Later


Acabamos o ano charlando con Xosé Manuel Rosales, arquitecto, Catedrático de Educación Secundaria e Profesor Asociado do Departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo da Universidade da Coruña. Ademais, é coordinador do Proxecto Terra e coautor dalgunhas das unidades didácticas e materiais audiovisuais alí elaborados. Forma parte do equipo organizador de Ludantia, a I Bienal Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e a Mocidade, que se celebrará en Pontevedra en 2018 e para a que xa está aberta a inscrición.

Únenos unha chegada relación, compartimos obxectivos. Colaboramos na actualidade con Proxecto Terra, e participaremos na bienal. Animámosvos a que coñezades a súa traxectoria, todo o traballo que dende hai 18 anos desenvolve en centros de educación de primaria e secundaria de toda Galicia, e por suposto, a que participedes en Ludantia.

Ligazóns de interese:

  • Proxecto Terra
  • Ludantia
  • Contacto: actividades [@] ludantia.org
  • Vídeos das Conferencias Ludantia
  • Obradoiro "Poder, Xénero e Feminismo: Transformando as relacións e coidados nos grupos"

Créditos

Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

  • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
  • Vista Alegre Social Club (vol. 2), Ataque Escampe, álbum Noites de agosto con Ataque Escampe
Subscrición

Feed | iTunes | iVoox

Contacto

gtcomunicacion.gal[@]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

HabitandoBy Arquitectura Sen Fronteiras Galicia