Habitando

Ep.14: Os Comúns, con Fran Quiroga


Listen Later

Hoxe comenzamos unha serie de tres episodios sobre Os Comúns, ou Procomúns:

Como paradigma, o procomún consiste en modelos evolutivos e funcionais de autoabastecemento e xestión que combinan o económico e o social, o colectivo e o individual. No fondo é humanístico pero tamén ten implicacións profundamente políticas, porque o só feito de venerar os comúns pode provocar choques desagradables co duopolio establecido Mercado/Estado.

Pensar desde los comunes. Una Breve introducción


David Bollier, 2014

Unha primeira sesión máis teórica, para sentar un pouco as bases, antes de achegarmos a exemplos máis de preto. Acompáñanos Fran Quiroga. Fran é investigador, coordinador do CulturaLab do Máster en Servizos Culturais da USC, co-coordina Montenoso, comunidade epistémica experimental en torno aos montes veciñais en man común. Tamén Coordina o Programa de Estudos en Man Común Ruralidades, Feminismos e Comunes e é fundador e director de Kolectiv, Oficina de I+C+i.

Ligazóns de interese:

  • Os comúns. Espazos de posibilidades, mais tamén de conflictos. Intervención de Fran Quiroga no IV Seminario Hábitat a Escala Humana
  • Formacións en liña da Coordinadora Estatal de ONGDs a desenvolver no primeiro semestre de 2017

  • Créditos

    Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

    • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
    • O Imperio do mal, Grampoder, álbum Golf Whiskey
    • Subscrición
      Feed | iTunes | iVoox

      Contacto

      gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

      ...more
      View all episodesView all episodes
      Download on the App Store

      HabitandoBy Arquitectura Sen Fronteiras Galicia