Habitando

Ep.18: PCR - Voluntariado en Terreo


Listen Later

Despedimos esta segunda tempada de Habitando cun episodio dedicado ao voluntariado en terreo. Dende hai anos a Universidade da Coruña a través da súa Oficina de Cooperación e Voluntariado, e tamén a Universidade De Santiago de Compostela, ofrecen bolsas ao seu estudantado para realizar unha estancia en terreo de dous-tres meses. Unha magnífica oportunidade de coñecer o que é a cooperación internacional de primeira man.

Para falar de todo iso acompáñanos Lorena da OCV, quen nos explica en detalle que é o PCR e os requisitos necesarios para optar a unha das bolsas. E a continuación entrevistamos a Elena, Rebeca e Carmen, tres futuras PCR que se desprazarán en poucos meses a Guatemala e Bolivia.

Ligazóns de interese:
  • Criterios de diseño de viviendas mínimas en Guatemala
  • O Enfoque do Dereito ao Hábitat na Educación Formal de Galicia
  • Invitadas nas Ondas do Cárcere, o programa de radio de Proxecto Cárcere
    • PCR Universidade de A Coruña
    • PCR Universidade de Santiago de Compostela
    • PCR en Arquitectura Sen Fronteiras
    • Estudo de sistemas de saneamento básico para escolas rurais na costa sur de Guatemala
      • A igualdade de xénero na Axenda de Desenvolvemento
      • Créditos

        Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

        • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
        • A longa marcha, Grampoder, álbum Golf Whiskey
        • Subscrición
          Feed | iTunes | iVoox

          Contacto

          gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

          ...more
          View all episodesView all episodes
          Download on the App Store

          HabitandoBy Arquitectura Sen Fronteiras Galicia