Habitando

Ep.19: Arrincamos proxecto de EpD


Listen Later

No grupo de Educación para o Desenvolvemento de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia estamos a traballar dende o mes de agosto nun novo proxecto financiado pola Xunta de Galicia e a Cooperación Galega. En consorcio coa Universidade da Coruña e baixo o título “Proxecto de difusión do dereito ao hábitat, con especial incidencia en modelos de gobernanza participativos, a través da sensibilización e a educación non formal de axentes multiplicadores clave e alumnado de secundaria, na cidade da Coruña” resultou o 2º mellor valorado de todos os presentados.

Iniciamos a terceira tempada de Habitando explicando este e o resto de proxectos que desenvolveremos ao longo deste curso. Falamos dos seus obxectivos, resultados esperados e actividades a realizar. Tan só unha rápida pincelada porque de seguro falarémosvos segundo se vaian desenvolvendo.

Ligazóns de interese:
  • Asembleas ASF España 2017
  • Blog PCR 2017
  • Diagnóstico educativo en Champerico
  • A Xunta de Galicia financiará o próximo proxecto de EpD que ASF executará coa UDC
  • Proxecto de mellora da Xestión de Voluntariado
  • Créditos

    Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

    • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
    • Ao teu redor, Projecto Mourente, álbum A Pior
    • SubscriciónFeed | iTunes | iVoox

      Contacto

      gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

      ...more
      View all episodesView all episodes
      Download on the App Store

      HabitandoBy Arquitectura Sen Fronteiras Galicia