Habitando

Ep.21: Cartografías Sociais


Listen Later

Unha das actividades do proxecto de difusión do dereito ao hábitat a través de axentes multiplicadores que estamos a desenvolver en colaboración con parte do profesorado da Facultade de Ciencias da Educación da UDC e financiado pola Xunta de Galicia, é a creación dunha cartografía social que reflectise o senfogarismo e multiculturalidade na cidade da Coruña.

Durante o primeiro trimestre do curso, alumnado de segundo e terceiro do grado de Educación Social realizaron derivas, entrevistaron á poboación meta, etc., tomando os datos necesarios para o estudo. Unha vez recollida toda esa información, alumnado de Pedagoxía, Socioloxía e Psicoloxía das Artes Plásticas e Visuais do Mestrado en Profesorado de Secundaria Obrigatoria, a traducirán para montar unha exposición que se expoñerá e quedará a disposición de quen a precise.

Hoxe acompáñannos Laura Cruz, Juan José Bueno, Roberto Suárez e unha das súas alumnas Nerea Carabel, para explicarnos a experiencia de primeira man. E tamén Martín Barreiro membro de Rurban, empresa especializada neste tipo de cartografías que asesorou ao profesorado no deseño da estratexia e materiais utilizados no desenvolvemento da actividade.


Durante unha das xornadas de posta en común

Ligazóns de interese:
  • VIII Seminario de Periodismo Social y Cooperación Internacional
  • Xornadas de Bioconstrución UDC
    • 4 de marzo, Vigo: Manifestación Nacional do Día das Mulleres
    • Galegas 8M
      • Seminario "Patentes, medicamentos e acceso á saúde: existe igualdade de xénero?" (Farmamundi)
        • Libro Medio ambiente y salud por Carme Valls-Llobet
          • Guía de lectura sobre Bioconstrución elaborada pola biblioteca da Escola de Arquitectura Técnica
            • Cartografías Sociais
              • Iconoclasistas: Web
              • Rurban: Facebook, Twitter, YouTube, Vimeo, Web
              • Mapa emocional del barrio de San Pedro en Compostela
              • Créditos

                Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

                • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
                • An Dro, Sangre de Muérdago, álbum Os Segredos da Raposa Vermella
                • Subscrición
                  Feed | iTunes | iVoox

                  Contacto

                  gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

                  ...more
                  View all episodesView all episodes
                  Download on the App Store

                  HabitandoBy Arquitectura Sen Fronteiras Galicia