Habitando

Ep.30: Patios escolares en transformación


Listen Later

Nos últimos anos estamos a asistir, e mesmo participando, nun proceso continuo de reflexión sobre a educación.  Asistimos a un boom no que as pedagoxías activas, a "innovación” educativa, están a reconsiderar os espazos educativos para poñelos ao servizo de novas formas de facer e relacionarse. Un momento de preocupación por aspectos que van máis aló do currículo académico e que tratan de fomentar habilidades e capacidades relacionadas co traballo colectivo, a cooperación ou a participación.

En Galicia non estamos alleas a este momento e son moitos os centros e comunidades educativas que están a xerar procesos de cambio a través de repensar os espazos dos seus centros e particularmente os patios: lugares para o recreo, xogo, relación... e tamén espazo de conflito, abusos, acoso, de illamento ou soidade. Ese espazo e esos momentos son tamén parte da educación, tan ou máis importantes que o que ocorre nas aulas.

A coeducación, a saúde física, mental e social, a participación e o fortalecemento da comunidade educativa, a inclusión, a sustentabilidade, son principios e metas que se intentan materializar a través da transformación dos espazos de patios e tempos de recreo. Hoxe acompáñannos unha marabillosa representación destas vontades e desexos: Luz Quiroga, xefa de estudos do CEIP San Jurjo de Carricarte no período 2015-17, Natalia Rivas, terapeuta ocupacional e profesora da Facultade de Ciencias da Saúde, e María Mascuñana que está a facer o seu Traballo Fin de Grao sobre proceso participativos e transformación de espazos.

Ligazóns de interese:
  • Exposición ‘Historias de vida, territorio e vulnerabilidade’
  • II Plan Estratexia País de ASF para Guatemala 2019-2024
    • Web do Proxecto Patio do CEIP Isidro Parga Ponda
    • Sistematización do proceso “O noso Patio” do CEIP San Jurjo de Carricarte
    • Grupo de Facebook Reinventando Patios
    • Web da Asociación Ludantia
    • Créditos

      Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

      • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
      • Porque sin nosotras no se mueve el mundo, Territorio Doméstico, álbum Porque sin nosotras no se mueve el mundo
      • Subscrición
        Feed | iTunes | iVoox

        Contacto

        gtcomunicacion.gal[arroba]asfes.org | @ASF_Habitando | Facebook

        ...more
        View all episodesView all episodes
        Download on the App Store

        HabitandoBy Arquitectura Sen Fronteiras Galicia