Habitando

Ep.45: Habitando o Rural


Listen Later

Había tempo que non nos xuntamos para gravar, pero voltamos con forzas renovadas no que vai ser unha serie de episodios adicados a unha nova liña de traballo, un novo proxecto, Habitando o Rural, que arrincamos o pasado setembro.

A Galicia rural enfróntase  a importantes violacións do Dereito ao Hábitat que poñen en perigo a súa sustentabilidade. Esta crise maniféstase na escaseza de servizos e infraestruturas básicas que provocan un desprazamento significativo da poboación máis nova, especialmente mulleres. Unha despoboación sistemática do territorio e unha consecuente degradación social, económica e ambiental. Problemáticas que nós detectamos e que nos preocupan, polo que nos mergullamos no último ano neste proxecto que ten máis que ver coa educación nos centros educativos rurais.

Escaleta
  • 00:33 Presentación
  • 02:35 Introdución
  • 05:39 Actividades do grupo nos primeiros meses de proxecto
  • 08:59 Dualidade rural - urbano
  • 25:33 Encontro con Juventina, Ana e Milagro, mulleres rurais do Sur
  • 32:50 Liñas de traballo co alumnado
  • 40:19 Despedida
  • Créditos

    Todas as cancións incluídas neste episodio e no momento da súa publicación distribúense baixo licenza Creative Commons.

    • A Vida, Maya Solovey, álbum Maya Solovéy, I:II
    • Subscrición

      Feed | Apple Podcast | Spotify

      Contacto

      galicia[arroba]asfes.org | Facebook

      ...more
      View all episodesView all episodes
      Download on the App Store

      HabitandoBy Arquitectura Sen Fronteiras Galicia