Benvid@s unha semana máis ao noso podcast! Nesta ocasión abordaremos unha cuestión musical, en concreto un instrumento: a zanfona. Sabias que posúe orixe medieval? Ademais, etimoloxicamente procede do latín SYMPHONIA 'concerto'. A nosa compañeira Andrea Mosteiro, do Grao de Galego, acompáñanos para empaparnos de sabedoría acerca da zanfona! Se queres aprender máis sobre a historia deste fermoso instrumento, escóitanos!