Retrato Sonoro

Episodio 6 Matices do Viño a través do cristal e clientela influínte


Listen Later

Benvidos, benvidos a un novo episodio de ‘Retrato Sonoro’. Eu son Fidel Mouzo e atopámonos neste espazo sonoro,onde cada conversa nos leva a descubrir o que está detrás das persoas que nos acompañan e das súas historias, e continuamos co noso serial ‘Da cepa á bodega’ coa sempre valiosa colaboración de Jorge Marcote, viticultor.

Nos últimos episodios exploramos a fascinante traxectoria de Alfredo Álvarez no mundo da restauración e do viño. Hoxe, nesta sexta entrega,imos máis aló. Alfredo compartirá con nós como se proban os viños, desvelando os trucos para detectar eses matices de acidez, dulzor e moito máis.

Pero iso non é todo: Alfredo relatará a súa viaxe a Xapón, onde acompañou a Manuel Fraga, nunha experiencia entre outras que lle deixou pegada tanto persoal como profesional.Tamén entraremos no mundo das influencias, desde revistas ou especialistas que ás veces se aproveitan do seu status, ata os trucos e a organización necesarios para levar un servizo de comidas con soltura e profesionalidade, sempre buscando ter á clientela satisfeita. Este episodio será unha verdadeira lección de como un gran restaurador xestiona todo, dende a carta ata o comportamento da mesma clientela.

Por último, falaremos dos vicios adquiridos por algúns clientes, aqueles que sempre buscan algo gratis, en relación directa coa anécdota que Jorge tamén compartirá sobre catas de viños que algúns consideran que deberían ser complementos gratuítos doutras actividades.

Unha conversa que nos fai reflexionar sobre o valor real do traballo detrás de cada prato e cada copa de viño.

As voces usadas para nomear o episodio e o seu título son de Lara e Alba. Grazas ás dúas.

The post Episodio 6 Matices do Viño a través do cristal e clientela influínte first appeared on Sons Podcasts.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Retrato SonoroBy Sons

  • 5
  • 5
  • 5
  • 5
  • 5

5

1 ratings


More shows like Retrato Sonoro

View all
Ohhh! TV Podcast by Sons

Ohhh! TV Podcast

16 Listeners

Gamers Ocupados by Sons

Gamers Ocupados

3 Listeners

Descatalogados by Sons

Descatalogados

1 Listeners

Librorum by Sons

Librorum

4 Listeners

Tritono Podcast by Sons

Tritono Podcast

0 Listeners

Entrevistas Criminales by Sons

Entrevistas Criminales

0 Listeners

Solo de Noche by Sons

Solo de Noche

0 Listeners

Ciencias Poplíticas by Sons

Ciencias Poplíticas

0 Listeners

El Rincón Criminal by Sons

El Rincón Criminal

1 Listeners

Autobombo by Sons

Autobombo

0 Listeners