En Ourense, dous investigadores puxeron en marcha unha escola de calor para analizar o confort térmico da cidade das Burgas contando coa participación da cidadanía.
Ademais soubemos como pode repercutir este exceso de temperatura na tempada de furacáns e na presenza na atmosfera de gases contaminantes e moi nocivos para a saúde, como o ozono. Tamén nos achegamos á Costa da Morte para compartir unha xornada de limpeza de praias coa asociación Mar de Fábula e con máis dun cento de escolares.