Podcast Programas de Radio Roncudo

Escrita . "Como unha novela II" - Daniel Pennac.


Listen Later

Escrita é un programa de Radio Roncudo e Radio Neria presentando polo poeta malpicán Paco Souto.
Procedente dunha familia de militares, pasou a súa infancia en África e o sueste asiático e a súa mocidade en Niza, onde se licenciou en letras e decantouse pola docencia.
Despois de iniciar a súa actividade literaria cos libros infantís, fíxose moi popular grazas ás novelas da saga sobre a familia Malaussène* (pertencentes a novelas policiais, ás que chegou como consecuencia dunha viaxe a Brasil), aínda que tamén ten escribiu outras novelas, os citados libros infantís, ensaios,... Delas é famosa a que leva por título Como una novela, na que recolle os dereitos do lector.
A saga malauseniense xira arredor de Benjamin Malaussène, irmán maior e cabeza de familia que vive no multicultural e marxinal barrio de Belleville, en París (Francia). Alí desenvolveranse as trepidantes aventuras e desventuras desta familia e a súa diversa contorna, entre romances, crimes, amizades,... todo narrado nun estilo áxil e coloquial.
...more
View all episodesView all episodes
Download on the App Store

Podcast Programas de Radio RoncudoBy radioroncudo