Italo Calvino (Italo Giovanni Calvino Mameli: Santiago das Veigas, da Provincia da Habana, en Cuba, 15 de outubro de 1923 - Siena, de Italia, 19 de setembro de 1985) foi un escritor do século XX. Nacido en Cuba de pais italianos, toda a súa etapa formativa desenvolveuse en Italia, onde tamén se desenvolvería a maior parte da súa carreira como escritor.