Voltados xa das vacacións, comezamos de novo! Que fixestes nas vacacións? Ese foi o tema do día como non podía ser doutra maneira.
Ata o estudo achegouse Germán coa súa sección "A Chamada da Cousa" pa desvelar os segredos que unen aos bares coas farmacias.
Tamén contamos coa visita de Julia, que coa Reconquista á volta da esquina, ela traballa en arranxos e traxes de época. Necesitas un? Ela é a muller que buscas.