Empezou o entroido? Nós dende logo por iso hoxe o tema do día foi o peche dos furanchos. Unha vez feito, encaramos co entroido.
Hoxe como cada luns veu falar Germán ao estudo. Xigantes e ananos, lendas e mitos.
Tere contounos como será a excursión do CVCV a Negreira, pero ademais anunciou tamén a que se levará a cabo a Asturias en Semana Santa. Atentos porque é a bomba.
Por último, Óscar, peliqueiro de nacemento, describiunos como é o entroido de Laza, unha das figuras por antonomasia de Galicia. Que gustazo oílo falar!