Luns de xaneiro, primero laboral do ano e aquí seguimos. O tema do día foi de voltas: ao cole, ao traballo, á rutina.
Falamos con Ubaldo, profesor de FP, no Valentín Paz Andrade; e no que construiu xunto aos seus alumnos un aeroxenerador a escala co que optou e obtivo unha subención de 2.000 euros para o proxecto.
Tamén estivo no estudo connosco Germán, que veu presentar a temátima do seu programa, a saber, viño e poesía.
Ao outro lado do teléfono tivemos a doctora e investigadora no departamento de I+D de Anfaco, Paula Fajardo, que soupo explicarnos as claves dun proxecto que permitirá quitar o gluten dos alimentos durante as fases de producción da comida, nunha fabrica, por exemplo.
Chamamos ao colexio de Valladares, o Sobreira, para que nos narraran como está sendo esa volta ao cole, e tamén felicitalos por vir de gañar o premio LEIA, valorado en 2.000 euros.