No verán tamén hai certas rutinas a facer. Unha delas pode ser cortar o céspede, a outra, limpar e manter a piscina (quen a teña). Que actividade farías ti con máis ganas?
Hoxe tivemos a Germán Son de novo, e a súa sección A Chamada da Cousa. Tamén pasou polo estudo Ruth, a falarnos do Chao Da, un bar especializado en comida asiática de rúa. Riquísima!
Conversamos con Pedro Feijoo do seu novo libro, Camiñar o Vigo vello. Coñecer a cidade dunha maneira fermosa.