Choveu toda a fin de semana. O temporal Beatriz trouxo rachas de 130km/h. E vos sacástedes o paraugas a paseo, rompéusevos, colléstedes un dun paragueiro "prestado"....
Enchemos este programa con anécdotas de paraugas e tamén coñecemos como se fabrican e deseñan os de Ezpeleta. Dende o País Vasco, Susana Gurridichi contounos dos mangos de metracrilato e os tecidos italianos... do novo concepto de paraugas como un accesorio con personalidade.
Falamos de lendas, a do holandés errante. Un barco pantasma que anda polos mares e que inspirou a película "Piratas do Caribe". Disto foi a Chamada da Cousa con Germán Son este luns.
E para rematar, cervexa artesanal feita no Val Miñor: Vacaloura.