Hoxe está Carlos só no programa, que París non perdoa, non esquece, e non deixa que Sara volva antes. Non hai problema. Seguimos coma sempre, informado da actualidade do día e traendo cousiñas interesantes das que falar e escoitar.
Hoxe veu Germán a lernos algunhas traducións dos Doors ao estudio. Un momento poético e inspirador.
Tamén veu ata o estudo Gabi, o adestrador do equipo de fútbol feminino de Valladares, que se atopa imbatible. Conseguiu tódolos puntos posibles na primeira volta e voa cara o ascenso. ¿Como motiva a semellantes rapazas?
Ao outro lado do teléfono tivemos a Yoseba MP, un artista natural de Cambre que fai dos edificios os seus cuadros. Enormes murais coas avoas galegas como protagonistas. Unha pasada.