Hoxe preguntamos aos nosos ouvintes se prefiren como mascota un can ou un gatiño. As cousas estiveron axustadas pero parece que o can segue sendo o mellor amigo da nosa especie.
Falamos con Xaquín de Treixadura, membro fundador da agrupación por excelencia da música tradicional galega, que este sábado pasado encheron o teatro de Afundación ata os topes.
Tamén achegouse Raquel, traballadora social do CVCV, a comentar as últimas axudas sociais convocadas polo Concello de Vigo.
E por suposto, Germán abriu o programan coa súa sección semanal "A Chamada da Cousa"