Programa moi musical para comezar a semana despois dunha fin de semana tan festeira. Ó fío da Festa do Carme, facemos un ranking coas cancións máis ocurrentes adicadas ás Cármenes. E coma todos os luns, na sección de Germán Son, A chamada da cousa, divagamos sobre a figura de Dionisio e Baco.