Hoxe o programa xirou arredor dun vello debate: "Grafitis, ¿arte ou vandalismo?"
Para elo tivemos ao outro lado de teléfono a Powone, grafitero vigués profesional; e a Festa, residente en Londres. Ambos expuseron as dinámicas sociais do grafiti, e temas como a legalidade de pintar nos muros alleos.
Tamén falamos con Aitor Nova, fotógrafo de Cangas, que de Vigo pasou a Madrid, e alí non para de retratar a estrelas de rock. Dende Lenny Kravitz a Europe. ¡Show must go on! que diría Queen.