Hoxe o tema do día xirou arredor das festas do verán. Cal é a túa favorita? Falamos dunhas cantas e non só de Galicia ou de España, tamén do mundo enteiro!
Por outra banda, tivemos a Germán Son coa súa sección dos luns "A Chamada da Cousa", na que quixo falar de Rick & Morty, unha das series de debuxos para adultos máis exitosas da actualidade.
Tamén conversamos con Raúl da Cervecería Nós, que esta fin de semana inaugurará a súa fábrica, e deixarán visitala sempre que un queira. Case nada!